Inicio ActualidadEmprendemento Galego A Fundación Barrié ofrece formación en liderado

Actualidad de Emprendemento galego

A Fundación Barrié ofrece formación en liderado

01 ago 2012

Se de maior queres ser emprendedor o mellor é que aprendas algo de liderado. É por iso que a Fundación Barrié lle ofrece aos estudantes universitarios galegos unha oportunidade para interactuar coas empresas que conforman o tecido produtivo de Galicia, mentres se forman nas últimas tendencias para obter postos de liderado en empresas con aspiracións globais.

O programa #COMPETE Barrié sostense en catro alicerces fundamentais para calquera profesional cun perfil global: comunicación, negociación, liderado e interculturalidade. En tres días de sesións teóricas e un dedicado ao networking terán ocasión de impulsar as súas competencias de comunicación efectiva, así como aprender habilidades que lles axuden a desenvolver as súas carreiras e proxectos e a liderar o futuro de Galicia. Tamén se lles preparará para moverse no ambiente intercultural e a diversidade que marcan o moderno mundo empresarial.

Terá lugar do 24 a 27 de setembro na sede da Coruña da Fundación e poderán levalo a cabo un máximo de 60 alumnos. O prazo de presentacion de solicitudes estará aberto ata o 10 de setembro. O perfil dos asistentes son: alumnos que superen a metade dos créditos dos seus estudos ou titulados que finalicen os seus estudos nos dous últimos anos nalgunha das universidades galegas; bo expediente académico; interese por desenvolver a súa profesión en contornas globais e diversas; con dominio acreditado (mínimo B2) dunha lingua estranxeira relevante; e con iniciativa que pertenzan ou liderado actividades de carácter extraescolar.

Enlaces relacionados

Nuevo comentario
Debes cubrir el campo de texto con las letras y numeros aqui expuestos: primero una 9 despues pon una  n despues pon una  a despues y despues 6 a continuacion una V

Los datos personales del presente documento gozan de la protección prevista en el título II de la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal.

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología Universidade de Santiago de Compostela Cátedra Unesco

La Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España Instituto de la mujer Fondo social europeo Uniemprende
Facebook Twitter Linkedin RSS
© 2003. Emprendia es una publicación del Programa UNIEMPRENDE de Creación de Empresas de la Universidad de Santiago de Compostela. Todos los derechos reservados.
Accesibilidad | Aviso legal | Contacto | RSS | Mapa web