Inicio ActualidadeEmprendemento Galego Pequenos e medianos empresarios analizan os recursos para a innovación dos que dispoñen

Actualidade de Emprendemento galego

Pequenos e medianos empresarios analizan os recursos para a innovación dos que dispoñen

15 may 2009

Medio centenar de empresarios participaron hoxe en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) nunha xornada técnica, desenvolvida dentro da I Semana Europea das pymes e organizada polo Centro de Estudos Euro Rexionais (CEER) e a concellaría de Innovación do Concello da localidade, na que analizaron os recursos para a innovación dos que dispoñen.

O obxectivo desta iniciativa, segundo explicou o responsable de proxectos do CEER, Francisco García, é "mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas" e cooperar para que incorporen a innovación na súa xestión empresarial.

Os organizadores destas xornadas formularon "a innovación como solución á crise" ao tempo que manifestaron que o seu obxectivo é dar a coñecer a existencia doutros recursos para o financiamento das empresas alleos a banca tradicional.

Fondos europeos e das sociedades de capital risco

É o caso, por exemplo, dos fondos europeos ou das sociedades de capital risco que, segundo explicou Francisco García, "a diferencia dos bancos, non esixen aval nin garantías senón un plan de empresa que sexa innovador".

García reivindicou tamén o papel das universidades na creación dunha cultura da innovación e aseguró que "dende o primeiro momento" a pretensión foi "vincular coas empresas todo o que se está a facer nas universidades".

Novo comentario
Debes cubrir el campo de texto con las letras y numeros aqui expuestos: primero una 5 despues pon una  v a continuacion una b el siguiente es una w ahora h despues pon una  a el siguiente es una 3

Os datos persoais do presente documento gozan da protección prevista no título II da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología Universidade de Santiago de Compostela Cátedra Unesco

La Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España Instituto de la mujer Fondo social europeo Uniemprende
Facebook Twitter Linkedin RSS
© 2003. Emprendia é unha publicación do Programa UNIEMPRENDE de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Todos os dereitos reservados.
Accesibilidade | Aviso legal | Contacto | RSS | Mapa web