Inicio ActualidadeEmprendemento Galego Televés presenta a primeira 'antena intelixente' para TDT e televisión de alta definición

Actualidade de Emprendemento galego

Televés presenta a primeira 'antena intelixente' para TDT e televisión de alta definición

25 may 2009

A empresa Televés presenta a próxima semana na Feira do Cable, Satélite e Multimedia de Colonia (Anga Cable) a nova DAT HD, a primeira 'antena intelixente' desenvolvida especificamente para a Televisión Dixital Terreste e a futura televisión de alta definición.

A nova antena, que Televés cualificou de "auténtico fito", será presentada en ANGA Cable, que se celebrará na cidade alemá de Colonia do 26 ao 28 de maio. A DAT HD foi desenvolvida tendo en conta as "particulares características" do sinal dixital, para "aproveitar todo o seu potencial e garantir a recepción en óptimas condicións" da televisión de alta definición.

Segundo sinalou Televés, o elemento que converte a DAT HD nunha "antena verdadeiramente revolucionaria" é o 'Boss Tech', unha tecnoloxía que permite regular "de xeito automático" o nivel do sinal de saída.

Televés participará na feira Anga Cable baixo o lema 'Tecnoloxía europea fabricada en Europa', coa intención de mostrarse ante o sector como unha compañía capaz de "continuar sendo unha referencia en calidade e o líder mundial en desenvolvemento tecnolóxico de antenas e equipos para a recepción, distribución e medición do sinal de televisión".

Aposta pola investigación e o desenvolvemento

Para isto, a compañía invertirá en investigación e desenvolvemento o equivalente ao 5 por cento da súa facturación total. Ademais, Televés realizará directamente nas súas propias instalacións todo o proceso de fabricación dos seus produtos, o que permitirá "ofrecer as máximas garantías de fiabilidade e calidade".

Ademais, entre as novidades de produto que Televés presentará en ANGA Cable, a compañía destacou a súa nova gama de medidores de campo portátiles H45, o primeiro equipo deste tipo que incorpora o procesado dixital.

A antena Diginova, concibida especificamente para vivendas unifamiliares, e o novo sistema de conexión para cable coaxial EasyF tamén terán presenza no stand de Televés na feira de Colonia.

Novo comentario
Debes cubrir el campo de texto con las letras y numeros aqui expuestos: primero una 3 despues pon una  9 despues b el siguiente es una t despues pon una  Z a continuacion una N

Os datos persoais do presente documento gozan da protección prevista no título II da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología Universidade de Santiago de Compostela Cátedra Unesco

La Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España Instituto de la mujer Fondo social europeo Uniemprende
Facebook Twitter Linkedin RSS
© 2003. Emprendia é unha publicación do Programa UNIEMPRENDE de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Todos os dereitos reservados.
Accesibilidade | Aviso legal | Contacto | RSS | Mapa web